Un estudo recente de The Register comparou as 40 últimas vulnerabilidades e parches aparecidas en Windows Server 2003 e en Red Hat Enterprise Linux AS v.3.
Nesta comparativa tivéronse en conta tres aspectos:
-
A importancia destes buratos de seguridade baseándose no risco potencial (cantos danos pode causar), facilidade de levar a cabo o exploit e grado de exposición (nivel de acceso preciso para executar o exploit).
-
Número de vulnerabilidades críticas…
En base a estes aspectos as conclusións foron que case o 40% das vulnerabilidades encontradas en Windows eran críticas mentres que en Linux tan só o 10% chegaban a ese nivel de perigo.
http://es.theinquirer.net/
