Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas.
Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas.
