Mancomún

Innovación e Industria saca a concurso a creación dun portal de servizos para a PEME

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai proceder á contratación de servizos para a creación e posta en marcha dun portal de servizos avanzados de información e promoción para as PEMES. No prego de condicións técnicas do concurso especifícase que o software de base será:

1. Sistema operativo Linux.
2. Xestor de bases de datos PostgreSQL.
3. Servidor web Apache.
4. Servidor de correo Postfix + Courier-IMAP con SASL + OpenSSL.

Por outra parte, esíxese á empresa adxudicataria que entregue o código fonte desenvolvido. Pódese descargar o prego de condicións administrativas e técnicas.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal