Mancomún

JPC, emulación de computadores x86 baixo Java

JPC, emulación de computadores x86 baixo Java

http://www.mancomun.org/images/stories/jpc-duke-logo.png JPC é unha solución de código aberto para emulación dun computador x86 e dos seus periféricos, implementado 100% en Java. Ao estar baseada en Java, JPC pode traballar sobre calquera plataforma (x86, RISC, teléfonos móbil, frigoríficos, …) que teña dispoñible unha versión da máquina virtual de java (JVM, Java Virtual Machine).

JPC crea un computador virtual no cal se pode instalar o sistema operativo desexado dun xeito seguro, flexible e sen perder funcionalidades. O obxectivo principal e proporcionar a persoa usuaria un control total sobre o contorno de execución de software baixo plataforma x86 sendo ideal para facer probas de software en corentena como virus, software malicioso, malware, software experimental, …

Características de JPC:

  • » Multiplataforma

    JPC está completamente implementado en Java, podendo traballar baixo plataformas MS GNU/Linux, Windows e MacOS. JPC tamén traballa sobre arquitecturas hardware non x86 como ARM e SPARC.

  • » Seguridade

    JPC vén coa seguridade de estar implementado en Java e de traballar dentro do seu sandbox. Isto significa que o hardware emulado está complemente illado e non pode ser danado ou interferido por calquera medio.

  • » Flexibilidade

    JPC ten un control completo da configuración dos periféricos virtuais e das bibliotecas software. No caso de que ocorra algún erro sempre é posible eliminar a imaxe e volver a comezar.

Para máis información sobre a tecnoloxía subxacente en JPC consultar o apartado de tecnoloxía.

 

As características de JPC teñen efectos colaterais, por exemplo:

  • Levar o teu computador nun teléfono móbil
  • Executar xogos de DOS
  • Executar idénticas máquinas virtuais sobre diferentes dispositivos

Dende a web do proxecto está dispoñible unha demostración da execución dunha imaxe de GNU/Linux dende un applet, podendo executarse unha máquina GNU/Linux directamente no navegador.
OLLO: A execución precisa unha instalación e configuración de Java no navegador, e a maiores o funcionamento pode ser lento en función da velocidade da conexión.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal