Mancomún

KWireless Tools Pro, ferramentas para redes WiFi en sistemas baseados en Debian e con KDE

KWireless Tools Pro, ferramentas para redes WiFi en sistemas baseados en Debian e con KDE

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png«KWireless Tools Pro» é un paquete de ferramentas para KDE que permite a xestión das túas conexións WiFi. KWireless Tools Pro ven sendo unha interface das «Wireless Tools» de Debian para a contorna KDE.

A diferenza radica en que KWireless Tools Pro permite a xestión, configuración e modificación das túas conexións WiFi desde o centro de control de KDE.

Características:

  • Descubrimento de puntos de acceso.
  • Xestión de conexións, base de datos de puntos de acceso.
  • Monitor continuo (útil para axustar a túa antena ou comprobar a forza do sinal)
  • Establecer unha conexión por defecto (modificando o ficheiro de configuración do sistema)

Algunhas capturas de pantalla do seu funcionamento:

 

Esta aplicación usa código dos seguintes proxectos GPL:

Características a implementar:

  • Permitir xestionar sistemas que teñen máis dun dispositivo WiFi.

KWireless Tools Pro está pensado para sistemas baseados en Debian. A pesares de que se pode convertir a formato rpm ou tgz, algunhas das funcionalidades como configurar a conexión por defecto ao arrancar ou parar a conexión por defecto non van funcionar. En SuSE 10.2 tamén se detectou que o monitor continuo non funciona, debido a que faltan os paquetes esencias da aplicación, que si estaban presentes na serie 9.x

Dependencias da aplicación:
python, pyQt3, pyKDE, pyQwt4, perl-GTK2, wireless-tools, dhcp-client, resolvconf.

Fonte da nova:
http://www.kde-apps.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal