Mancomún

Lanzamento de Adium 1.2

Adium é un cliente de mensaxería instantánea para Mac OS X que soporta múltiples protocolos  grazas a [[libpurple]], a biblioteca na que se basea. Está escrito en [[Cocoa]] e publicado baixo os termos da licenza [[GPL]]. Esta última versión (1,2) lánzase oficialmente cunha serie de melloras entre as que están:

  • Menú mellorado
  • Administración de contas
  • Soporte optimizado para [[Jabber]], incluíndo [[SSL]]
  • Arranxos de mensaxería a través de [[Bonjour]] con transferencia de ficheiros
  • Chateo en grupo
  • Un novo dicionario Applescript
  • ..
Esta aplicación non consume moitos recursos, é compacta e completamente personalizable, sen impornos ningún banner de publicidade.

Adium é un cliente único que ofrece control total sobre a lista de contactos, avisando de novas mensaxes e mensaxes non contestadas. Tamén aparecerá un especie de cronometro que indicará canto tempo pasou desde que están neste estado. A maiores ofrece, entre outras funcións exclusivas, a posibilidade de compartir a lista de contactos con outros perfís de usuario no Mac.

 
Fonte: Canalapple.com 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal