Acábase de lanzar Xandros 4.0, a nova versión da distribución Linux Xandros Desktop baseada nunha Debian Sarge .
Inclúe KDE 3.42 como contorna de escritorio. Por programas, ademais das máis recentes versións das aplicacións da familia KDE, Firefox, Thunderbird e a suite ofimática OpenOffice.org 2.0, engade novas utilidades para facilitar a migración dende Windows…
Así, por exemplo inclúe un programa (Paragon Software Group’s NTFS) que permite tanto a lectura como a escritura de discos formatados con NTFS en Windows.
Tamén facilita a migración de usarios de Windows XP, ou outras versións de Windows, ao incorporar o programa Versora que permite aos usuarios importar as súas configuracións de Windows, datos e ficheiros (email, fotos e música) ao cambiar a Xandros.
Por último, Xandros 4 tamén incorpora CodeWeavers CrossOver Office que permite a execución de programas de Windows como Microsoft Office.
