Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
Os próximos 16 e 17 de novembro de 2006 celebrarase en Foz do Iguaçu, en Brasil, o LatinoWare 2006, que conta co apoio do Goberno do Estado de Paraná, membro da Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre.
Durante o evento aproveitaranse as infraestruturas para realizar o «I Encontro Latinomericano da Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre». Discutiranse propostas de plan de traballo para a Rede e o compromiso colectivo de fortalecemento da mesma por parte das administracións que a conforman. Ademais diso, na programación do evento LatinoWare amosarase o traballo de cada administración que forma parte da Rede de Cooperación.
Máis información: LatinoWare 2006
