A distribución Skolelinux 3.0 orientada ao uso educacional forma parte agora do proxecto Debian baixo o nome «Debian-EDU». Esta baseada en Debian 4.0 (“etch”), é sinxela de instalar e ademais contén un amplo número de aplicacións educacionais con máis de 80 aplicacións seleccionadas para uso pedagóxico, con soporte para máis de 50 linguaxes.
O seguinte reto no desenvolvemento de Skolelinux será a integración da distribución educacional baseada en Debian chamada LinEx en Debian-Edu. Na actualidade LinEx é unha distribución da Junta de Extremadura que a empregan máis de 250.000 estudiantes e empregados públicos da comunidade autónoma extremeña.
Fonte:
http://lwn.net
