Terra Soft Solutions anunciou a dispoñibilidade dunha versión actualizada de Yellow Dog Linux, versión 5.0.2. Esta nova versión conta cun DVD de instalación con soporte para Apple G4 e G5, a consola de Sony PS3 e para os servidores de IBM “System p”, ademais dos JS20/21, OpenPower, e os actuais sistemas POWER5.
Entre as novas características de Yellow Dog Linux 5.0.2 destacan:
- Kernel 2.6.22-rc4.
- SDK v2.0 para Cell BE.
- Resolvéronse máis de 70 bugs e actualizacións.
- Soporte para sistemas de 32bits e 64 bits.
- Soporte beta para IBM ‘System p’.
Máis detalles desta nova versión no anuncio da liberación. Yellow Dog Linux 5.0.2 está dispoñible mediante descarga dende YDL.net por (US$69.95) ou na tenda online da compañía por (US$49.95).
