Gnome 2.20 é a última versión do popular escritorio de código aberto. Segundo a nota oficial de lanzamento entre as melloras desta nova versión atópanse:
-
Mellora do soporte para linguas con escritura de dereita a esquerda.
-
Busca do escritorio integrada do diálogo do selector de ficheiros.
-
Novas características do cliente de correo e calendario Evolution.
-
Simplificación das preferencias do sistema.
-
Xestión eficiente de enerxía e monitorización moi precisa para a batería de portátiles.
Ademais dende Gnome destacan que os desenvolvedores obteñen máis axuda no desenvolvemento de novas aplicacións grazas a nova versión de GTK+, ferramentas melloradas e un novo sitio de documentación en liña.
Fonte: http://www.theinquirer.es/2007/09/20/gnome_220_disponible.html
