Humboldt GeoPISTA Viewer, é unha versión de Humboldt WMS Viewer para visualizar a cartografía e datos xeoespaciais aloxados en servidores
GeoPISTA, ofrecendo unha forma sinxela de crear un rueiro/guía urbana para os municipios usuarios de GeoPISTA.
GEO PISTA ,é un sistema de información territorial para a administración pública baseado en solucións OpenSource. Seguindo a filosofía de Software Libre, esta aplicación distribuirase baixo licenza GNU a todas as entidades locais e supramunicipais que a soliciten (concellos, mancomunidades, deputacións provinciais…) A ferramenta implementa as funcionalidades necesarias para a xestión territorial dentro do ámbito municipal: planificación urbanística, catastro, padrón, actividades contaminantes, patrimonio, infraestruturas, licenzas de obra, guía urbana…
Para iso combina a tecnoloxía dos SIX (Sistemas de Información Xeográfica) con funcionalidades administrativas e servicios web.
Características:
– Licenza GNU/GPL.
– Cliente lixeiro web programado en AJAX.
– Busca xeocodificada (Rúas + número, POIs).
– Visualización de Puntos de Interese.
– Fácil adaptación á imaxe corporativa do municipio.
– Menús desplegables con selección de capas visualizadas.
– Visualización de capas de IDEE (Infraestrutura de Datos Espaciais Española) do IGN (Instituto Geográfico Nacional) e do WMS da Dirección Xeral de Catastro.