As «Liberation Fonts» son un paquete de fontes que acaban de ser liberadas por [[Red Hat]], e que están destinadas a substituír ás fontes propietarias de Microsoft.
O motivo da creación destas fontes foi o problema de que existe un paquete de fontes, amplamente utilizadas; pero que pertencen a Microsoft.
Moitos documentos empregan ditas fontes, que ao ser abertos, con OpenOffice.org por exemplo, móstranse cun aspecto lixeiramente diferente e «movido» ao que mostran por exemplo en Microsoft Office…
As fontes foron liberadas durante o Red Hat Summit. Existen 3 conxuntos de fontes: Sans (substitúe a Arial, Albany, Helvetica, Nimbus Sans L e Bitstream Vera Sans), Serif (substitúe a Times New Roman, Thorndale, Nimbus Roman e Bitstream Vera Serif) e Mono (Courier New, Cumberland, Courier, Nimbus Mono L e Bitstream Vera Sans Mono).
Para a xente que usa Red Hat Enterprise Linux e/ou Fedora e queira estes paquetes en formato [[RPM]] para instalar, poden obtelos a través do servizo RHN.
Para outros sistemas operativos ou para a xente que queira as fontes no seu formato nativo (ttf), poden obtelas dende aquí.
O novo paquete de fontes mantén o tamaño e proporcións das fontes privativas evitando desta forma que os documentos se vexan de forma distinta ao ser abertos.
