Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
As primeiras empresas que xurdiron ao redor do Software Libre, como LinuxCare, TurboLinux ou incluso Red Hat, baseaban o seu modelo de negocio nos servizos. Actualmente, moitas empresas están a empregar un sistema de licenzas dual no seu software creando así dúas vías de entrada de ingresos: unha delas baseada en servizos, como «antigamente», e outra a través de licenzas comerciais tradicionais para produtos que están baseados na versión libre.
A revista Linux Journal ofrécenos unha interesante columna titulada «Does dual licensing threaten free software?» (As licenzas duais ameazan ao Software Libre?), na que se explican as implicacións que poden ter as licenzas duais de software, que usan empresas tan importantes como mySQL , ou SugarCRM.
