Actualmente, Linux concentra o 95% dos servidores na capital do cine, onde case todas as grandes producións de animación son creadas con software Linux.
Incluso Disney/Pixar, compañía que ten amizade con Apple e Steve Jobs, aposta por unha plataforma totalmente distinta a Mac OS.
A razón principal das preferencias por Linux radica no factor económico, sumado á rapidez e estabilidade de Linux. Mac e Windows son empregados de preferencia en situacións onde se traballa a menor escala.
Na gran maioría dos esquemas de produción cinematográfica prefírese o Software Libre. «Linux é mellor, máis rápido e máis barato. Nos grandes estudios cinematográficos, con miles de servidores e estacións de traballo, a economía e eficiencia masiva son factores clave».
O sitio Linux Movies resume a situación desta maneira: «Na capital do cine, os evanxelistas de Linux xa non teñen a quen convertir á sua fe». A publicación engade que inda que Linux é «o rei da industria cinematográfica», non ocurre o mesmo na televisión, onde as necesidades de poder de cálculo son moito máis modestas.
Fonte: Diario Ti
