Mancomún

MAGASIX, peza final do proxecto MAGASI

MAGASIX, peza final do proxecto MAGASI

http://www.mancomun.org/images/stories/magasicd.pngVemos na páxina de AGNIX a seguinte nova:

«Tras uns meses de investigación, probas e máis probas, hoxe sae á luz pública o MAGASIX, a peza final do proxecto MAGASI. Entre as características do MAGASIX podería salientar:

– É un sistema operativo gratuíto, moderno e sinxelo de manexar.
– Está baseado en Linux Ubuntu, o que garantiza a súa estabilidade, seguridade e futura evolución.
– Vén cunha chea de aplicacións preinstaladas e listas para usarse, desde aplicacións de uso educativo en infantil e primaria, ata aplicacións de uso profesional listas para ser empregadas nos ciclos formativos, a universidade e as empresas.
– O navegador de Internet, Firefox, vén personalizado cunha morea de ligazóns de interese para a comunidade escolar e as persoas interesadas no software libre.
– Ademais de ter soporte para os principais idiomas do estado (galego, español, catalán e euskera) ven preparado para traballar nas linguas estranxeiras máis estudadas no ensino (inglés, francés, alemán e portugués)…

 

Máis información na páxina oficial do proxecto:
Web do proxecto MAGASI

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal