Magirus, provedor de solucións e de infraestruturas de TI, de virtualización, de seguranza etc., e, por outra banda, MySQL AB, provedor de sistemas de bases de datos de código aberto, pecharon un acordo de distribución a nivel europeo. MySQL e Magirus Italia traballaran xa nun proxecto piloto no que conseguiron bos resultados; de aí a sinatura do acordo segundo o que Magirus será o encargado de distribuír as solucións e máis os servizos de MySQL.
Magirus pasa a ser un novo distribuidor e conseguiu a certificación de: «Centro de Educación EMEA Autorizado», que lle habilita para ofrecer soporte, servizos de consulta e formación para todos os seus socios.
Entre outras características que levaron a elixir [[MySQL]] cómpre salientar, como xa vén sendo habitual, a súa adaptabilidade e flexibilidade.
Pola súa parte, os directivos de MySQL AB declararon a súa satisfacción de achar en Magirus un forte e competente socio para comercializar os seus sistemas de base de datos de código aberto.
Tamén declararon que Magirus proporciona aos seus socios as últimas solucións integradas de IT do mercado e ofrece servizos e entregas realmente eficaces.
