Mancomún

Máis Internet, máis galego, máis futuro

Máis Internet, máis galego, máis futuro

+Internet+Galego+Futuro A Consellaría de Innovación e Industria presenta hoxe, 2 de maio, en rolda de prensa a iniciativa Máis internet, máis galego, máis futuro. O programa de actividades inclúe a presentación o día 10 de maio de «mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre».

Mais internet, máis galego, máis futuro xorde para amosar diferentes iniciativas promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, coas que que se quere informar sobre as oportunidades e os desafios que comporta a construción en Galiza da Sociedade da Información e do Coñecemento. Iniciativas que se desenvolven en colaboración coas universidades galegas, empresas tecnolóxicas, asociacións profesionais e de empresas, medios de comunicación e entidades culturais comprometidas co acceso democrático e libre ás novas tecnoloxías a través do Software Libre.

Fonte: Máis Internet, máis galego, máis futuro

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal