Nas listas de Gnash vén de anunciarse a nova versión do reprodutor GNU/GPL de películas flash. Gnash tamén está dispoñible como complemento dos navegadores Firefox, Mozilla, Konqueror e Opera. Esta versión soporta todas as características das animacións SWF versión 7 e clases ActionScript2, e parte das novas características da versión 8.5.
Gnash traballa sobre calquera distribución GNU/Linux, xBSD, procesadores non x86 e arquitecturas 64 bits. Estase a traballar en versións para Darwin e Windows.
Melloras dende a versión alfa 0.7.2 son:
- Funcionando os vídeos streaming de YouTube e Lulu.tv
- Nova interface FLTK2
- Melloras na máquina virtual para renderizar mellor as películas
- Engadido depurador para flash
- … máis detalles
Na web Open Source Flash (osflash) pódese obter máis información de Gnash e outros proxectos sobre tecnoloxía flash en Software Libre.
