Mancomún

Máis sobre Asolif, a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federadas

O venres pasado naceu oficialmente a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federas, que instalou a súa sede física en Almendralejo, Badajoz. O obxectivo desta asociación é fomentar a colaboración entre as distintas empresas de Software Libre e converterse nun «vehículo importante» para que todos os seus membros traballen en rede.

Asolif quere que todas aquelas asociacións empresariais que teñan dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión ou a promoción do uso do Software Libre formen parte desta asociación. Por este motivo, Asolif firmou un acordo co «CENATIC» para contribuír ao asociacionismo das empresas de Software Libre…

A directora xerente do Cenatic, Carolina Grau, subliñou as traxectorias comúns de ambas institucións, e como Asolif encaixa dentro da política de fomentos de redes de cooperación. Grau destacou que Asolif suporá unha «suma» de forzas «dispersas» e se converterá nun interlocutor «moi válido» para o sector nacional de empresarios de Software Libre.

O presidente de Asolif, Daniel Armendáriz, gabou a decisión «pioneira» de la Junta de adoptar o Software Libre  na súa versión LinEx, feito que provocou que moitos gobernos autonómicos e entidades nacionais e internacionais tomaran a Extremadura como referente dun «modelo diferente de facer as cousas». Da mesma maneira, indicou que o ánimo co que nace Asolif é intentar crear unha voz para que o sector das empresas de Software Libre teñan cada vez «máis forza».

A vicepresidenta da Junta e conselleira de Economía, Comercio e Innovación, María Dolores Aguilar, considerou que a constitución de Asolif evidencia e reafirma a aposta da Junta de Extremadura polo Software Libre.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.elpais.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal