Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
Mancomun.org estivo presente cun stand propio no gran evento da industria cultural galega Culturgal que tivo lugar en Pontevedra do 10 ao 13 de maio. A feira reuniu a editores, produtoras audiovisuais, libreiros e institucións públicas co obxectivo común de promover a cultura galega. Mancomun.org promoveu o Software Libre como opción tecnolóxica para que o galego teña presenza na sociedade da información. Ferramentas coma OpenOffice.org en galego con corrector ortográfico tiveron unha grande aceptación entre os asistentes.
Proporcionouse ademais información do programa +Internet+Galego+Futuro da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información así como das diversas axudas que a dirección xeral ten para promover as TIC en empresas e colectivos cidadáns.
