Mancomún

Mancomun.org participa nas xornadas da Confederación Empresarial de Ourense sobre Software Libre

Mancomun.org participou nas xornadas  celebradas o pasado martes 13 de novembro ao redor do Software Libre que a Confederación Empresarial de Ourense está a celebrar baixo o título «Xornadas de promoción e difusión do Software Libre entre as empresas da provincia de Ourense». Baixo o relatorio «Mancomun.org tecido empresarial galego no eido do Software Libre» presentouse a situación do Software Libre entre a PEME galega. A xornada completouse coa participación de Javier Rodeiro, profesor da ESEI de Ourense e integrante do grupo de investigación sobre ferramentas de libres de xestión empresarial para a PEME  promovido por Mancomun.org que falou sobre alternativas libres a aplicacións propietarias.

Máis información: Web da CEO.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal