Mancomún

Mantente actualizado co repositorio para o OpenOffice de mancomun.org

Mancomun.org presenta o seu repositorio [[APT]] para a suite ofimática do OpenOffice.org en galego para poder manterte actualizado coa última versión do OpenOffice de mancomun.org

Con este sistema, todos os usuarios que usen unha distribución de GNU/Linux baseada en paquetes DEB e que teñan instalada a nosa versión do OpenOffice.org poderán actualizarse facilmente ás novas versións que saquemos máis adiante…

É moi importante desinstalar a versión do Openoffice.org que traia o sistema operativo e ter instalada a versión de Mancomun.org, xa que senón a actualización mediante este sistema podería romper a estabilidade do sistema.

Para estar actualizado coa última versión do OpenOffice.org de Mancomun.org realizaremos os seguintes pasos segundo as nosas preferencias (precísase ser root do sistema):

  • Se preferimos facelo nun terminal en modo texto:
    • Engadir a seguinte liña:
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
      ao ficheiro:
      /etc/apt/sources.list
    • Executar:
      apt-get update
    • Executar:
      apt-get upgrade
    • No terminal preguntaranos se queremos actualizar os paquetes. Temos que dicir que «Si».  O seguinte que se nos preguntará é se queremos instalar os paquetes que están sen verificar. Diremos que «Si» outra vez e entón o sistema actualizará os paquetes do OpenOffice.org.
  • Se usamos o escritorio [[GNOME]]:
    • Vamos ao menú «Sistema-> Administración-> Xestor de paquetes Synaptic»
    • Pídenos o contrasinal de root. Introducímolo.
    • Dentro do «Xestor de paquetes» vamos  ao menú «Configuración-> Repositorios-> Engadir-> Personalizado «
    • Engadimos unha liña APT co seguinte texto
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
    • Pechamos a ventá e o asistente xa nos indicará os seguintes pasos para poder actualizar o OpenOffice.org

  • Se usamos o escritorio [[KDE]]:
    • Tamén temos que engadir a liña:
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
      ao ficheiro:
      /etc/apt/sources.list
    • Vamos ao menú «Sistema-> Adept (Xestor de paquetes)»
    • Tamén nos pide o contrasinal de root.
    • Prememos en «Buscar actualizacións» e encontrará que hai actualizacións dispoñibles para o OpenOffice.org.
    • Procederemos seguindo as instrucións que nos brinde o asistente do Xestor de paquetes.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal