Mancomún

Manual libre de estatística básica con R e R-Commander

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidad de Cádiz, acaba de anunciar a publicación do libro Estatística Básica con R e R-Commander, liberado baixo a licenza GNU FDL. GNU R é unha linguaxe de programación e un contorno para análise estatística e a realización de gráficos.

O proxecto R UCA, no que se enmarca a creación deste libro, naceu a través da Oficina do Software Libre e do Coñecemento Aberto (OSLUCA).

O libro pretende cubrir, a partir do uso do software libre R e a interface gráfica R-Commander, as necesidades prácticas dun curso de Introdución á Estatística. Contén capítulos sobre Análise Exploratorio nunha e dúas Dimensións, Distribucións de Probabilidade, Inferencia Paramétrica e non Paramétrica e Análise da Varianza dun Factor.

O esquema de presentación dos temas inclúe unha breve descrición dos conceptos, a resolución dunha serie de exemplos coa axuda de R e unha proposta de exercicios para avaliar os coñecementos adquiridos.

Ao obxecto de facilitar o uso do software, os primeiros capítulos están soportados basicamente sobre a interface R-Commander, para, de forma gradual, ir introducindo no intérprete de instrucións expresións construídas directamente, en parte por necesidade e en parte por motivos estratéxicos, posto que para entón considerase que os lectores estarán ben familiarizados coa sintaxe das expresións de R.

 
Fonte: Barrapunto.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal