Warren Woodford, fundador de MEPIS, anunciou a dispoñibilidade dun LiveDVD de proba da popular distribución que inclúe a primeira Beta de KDE 4.0 para verificar a compatibilidade de KDE 4 con SimplyMEPIS 7.0.
MEPIS KDE 4 Beta 1 Live DVD está baseado no mesmo núcleo Debian 4.0 «Etch» que empregará SimplyMEPIS 7.0, con versións para 32 bits e 64 bits de aproximadamente 1Gb cada unha.
Como a funcionalidade de KDE 4 é fundamentalmente diferente da que ten KDE 3 e aínda se atopa nun estado inicial de desenvolvemento, unha instalación mínima de KDE 3 consérvase no disco ríxido para facilitar a exploración do sistema.
-
Descarga: MEPIS KDE 4.0 Beta 1 LiveDVD 32 bits (ISO).
-
Descarga: MEPIS KDE 4.0 Beta 1 LiveDVD 64 bits (ISO).
