O 22 de xullo liberouse a versión 7.2 de SME Server baseada en CentOS 4.5. SME Server é unha distribución que se instala automaticamente sobre un PC converténdoo nun potente servidor de comunicacións. Esta orientada para que as pequenas e medianas empresas poidan ter unha intranet cos seguintes servizos: correo, servidor de ficheiros, servidor web, servizos especiais de caché e proxy, webmail, axenda de enderezos, servidor de dominio, servidor de impresión, antivirus, antispam, …
No seguinte documento recóllese unha guía visual que axudará nun proceso de instalación básico do sistema. O documento, traducido ao galego, contén un extracto do proceso de instalación para configurar SME Server como servidor dunha intranet.
Está dispoñible moita información xunto con manuais para os administradores, usuarios e desenvolvedores no wiki do proxecto.
Outras referencias de SME Server:
» HowTo’s
Nesta liña o «IES Chan do Monte» conta con documentación técnica sobre a configuración da rede do seu centro cubrindo aspectos como: DHCP, clonado de equipos Windows dende servidores Linux, servidores DNS, clientes lixeiros,… Esta información pode ser levada ao eido empresarial.
