Minimo 0.2 é compatible con Windows Mobile 5.0 e é máis pequeno e máis rápido ca súa versión predecesora, grazas aos comentarios posteados polos usuarios no blogue do proxecto.
A nova versión conta con GPS, unha interface máis clara e unha páxina de comezo que inclúe os marcapáxinas e as procuras feitas en sesións anteriores. Minimo está deseñado para ser unha alternativa ao navegador que ven con Windows Mobile e os seus creadores destacan a súa velocidade en sitios accesibles e outras características coma os separadores, máis seguridade e maior soporte para compoñentes gráficos (widgets).
Minimo soporta Google Maps, SSL/PSM, navegación espacial, pantalla completa e separadores.
- Rápido acceso a contidos móbiles
- Mellor soporte para os novos estándares web (Javascript e AJAX).
- Navegación con separadores
- Soporte RSS
- TLS, SSL3
- Soporte para internacionalización
- Execución en múltiples plataformas
- Soporte para extensións e compoñentes visuais (Widgets)
Sendo unha versión do motor Gecko, Minimo pode ser compilado para GNU/Linux.
