Só seis semanas despois do lanzamento da versión 2.0 definitiva de [[Firefox]], a Fundación [[Mozilla]] acaba de sacar á luz a edición alfa da versión 3.0, que leva en construción máis dun ano, e que se espera que sexa definitiva a finais do 2007.
Con este novo lanzamento, Mozilla pretende lograr que o usuario apenas distinga cando está usando aplicacións web, que se executan a través de internet, con respecto as que se executan directamente sobre o seu ordenador…
Outra das melloras de Firefox, segundo Mozilla, será unha maior compatibilidade cos distintos estándares gráficos, así como máis capacidade para facer que as páxinas web se vexan de forma similar independentemente do soporte co que se acceda a elas. Isto é debido ao novo motor Gecko (1.9) de Mozilla que acaba de pasar o test Acid2.
O test Acid2 é un dos máis famosos tests en canto a estándares web se refire, foi creado para axudar aos desenvolvedores de navegadores á hora de seguir un estándar. Trátase dunha páxina moi complexa que usando características non moi comúns realiza unha gran cantidade de probas sobre o navegador.
Fonte: elpais
