A Fundación Mozilla vén de lanzar un novo software, Instantbird, un programa de mensaxería, que aínda está en fase moi inestable e con mínimas funcionalidades. Instantbird está baseado en XULRunner e Pidgin e é multiplataforma.
Ademais, a semana pasada tamén lanzou actualizacións do Firefox e SeaMonkey.
A versión que saíu do Firefox foi a 2.0.0.8 que corrixe algúns erros de seguridade detectados (notas da versión)…
Mentres, SeaMonkey, o proxecto comunitario que xurdiu cando a Mozilla Foundation deixou de desenvolver a Mozilla Suite, alcanzou a versión 1.1.5. SeaMonkey é navegador web, cliente de correo electrónico e novas, cliente de IRC e editor HTML todo en unha soa aplicación.
