Máis ou menos en unha hora e media, é dicir as 11:00h de hoxe, farase a presentación de Mundolibre.tv, un proxecto de carácter multimedia e que se desenvolverá a través de Internet. Esta acto contará coa presenza das distintas organizacións e entidades que colaboran na súa creación e posta en marcha, entre elas, a Junta de Extremadura.
Esta iniciativa será un punto de encontro de experiencias de cidadáns, de coñecemento compartido sobre alfabetización tecnolóxica, Software Libre e as tecnoloxías da información e a comunicación.
Páxina oficial de Mundolibre.tv:
Mundolibre.tv
