Mancomún

Nace a fundación encargada do desenvolvemento do futuro Thunderbird 3: Mozilla Messaging

http://www.mancomun.org/images/banners/banner_thunderbird.jpg Como xa vós informamos anteriormente en Mancomun.org, o futuro de Thunderbird podería quedar desligado da fundación Mozilla, encargada até o de agora de desenvolver este produto, xunto con outros como o navegador web Firefox.

Coa intención de que o desenvolvemento de Thunderbird non quedase estancado por mor do grande éxito de Firefox, a fundación Mozilla presenta «Mozilla Messaging«, a nova fundación subsidiaria encargada do desenvolvemento do xestor de correo. A tarefa principal de Mozilla Messaging será desenvolver o Thunderbird 3, con melloras importantes tales como a integración dunha axenda de eventos, busca mellorada, …

 

Máis información na páxina de Mozilla Messaging:
http://www.mozillamessaging.com/en-US/news/stories/2008-02-19-01

E nas seguintes ligazóns:

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal