Mancomún

Nace OUSLI

Nace OUSLI

http://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpg Despois de varios meses de traballo por fin chega o día no que se inaugura a web de OUSLI (Ourense e Software Libre), nestes meses constituíuse a asociación formada por un grupo de xente con moita motivación por facer cousas polo Software Libre, principalmente en tarefas de difusión, aínda que tamén noutros moitos proxectos que xa iredes vendo.

Dende OUSLI, invitamos a todos a que sigades apostando polo Software Libre e se non é o caso pois que comecedes, e por suposto, contade coa nosa axuda.

OUSLI, Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, é unha asociación sen ánimo de lucro e de recente constitución dentro da cidade de Ourense, aínda que tamén leva a cabo actividades por toda a comunidade Galega.

A razón da súa constitución é achegar o Software Libre a toda a comunidade, en especial a cidade de Ourense. De forma máis detallada, os fins principais da asociación son:

  • Promoción do concepto do Software Libre e fomento do seu uso.
  • Achegar a sociedade da información a tódolos ámbitos da comunidade galega.
  • Promoción do uso da lingua galega no eido das novas tecnoloxías.
  • Desenvolvemento e promoción de programas libres.
  • Adaptación de Software Libre a lingua galega.
  • Promover o emprego de estándares abertos na sociedade da información e no ámbito tecnolóxico.
  • Formación das novas tecnoloxías no eido do Sotware Libre nos diferentes eidos (educativo, empresarial…).

Para levar a cabo os seus fins, OUSLI organiza diversas actividades entre as que podemos destacar:

  • Organización de charlas, cursos, xornadas e congresos divulgativos relacionados cos fins da asociación.
  • Desenvolvemento de actividades que axuden á introducción do galego no eido do Software Libre.
  • Proxectos de desenvolvemento e programación de aplicacións baixo licenzas libres. …

Web de Ousli

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal