É un script desenvolvido en [[Python]] e PyGTK que automaticamente detecta e instala controladores propietarios para tarxetas de vídeo ATI e NVIDIA en Ubuntu.
Alberto Milone (seu creador) publicou unha nova versión da súa aplicación Envy.
En concreto a versión 0.9.3-0ubuntu2, lanzada o 12 de maio do 2007.
Características:
-
Detecta automaticamente o modelo da túa tarxeta (ATI ou VIDIA). Inda que tamén se pode facer unha instalación manual.
-
Descargase a versión correcta do controlador propietario dende as webs de ATI e NVIDIA.
-
Resolve as dependencias.
-
É posible instalar / desinstalar o controlador.
-
Configura o teu xorg.conf acorde coas especificacións do sistema.
-
Reinicia o servidor das X se ti o desexas (só dispoñible na interface de texto).
-
Manexa as dependencias ( compiladores, OpenGL, etc) segundo versión de Kernel e Sistema Operativo requirido para construír ese módulo.
