Mancomún

Nova versión de RKWard

Onte saíu a versión 0.5 do RKWard, interface gráfica para o proxecto R, paquete estatístico con licenza [[Gpl]]. Con esta interface tentan combinar a potencia da linguaxe R coa facilidade de uso das ferramentas estatísticas comerciais. Os plans a longo prazo inclúen tamén a integración con aplicacións ofimáticas.

RKWard está aínda nunha fase de desenvolvemento inicial como se pode ver no estado do proxecto. No entanto, pódese observar que o grao de actividade é moi alto, pois no que vai de ano levan xa dúas actualizacións, un bo indicador das posibilidades que pode ter este proxecto.

Coa versión RKWard 0.5 adaptaron a interface para o novo KDE4, que vén de publicarse hai poucos días, corrixiron numerosos erros detectados e implementaron novas funcionalidades.

Fonte: KDE-Apps  

Máis información: Documentación sobre o proxecto 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal