Xusto uns días despois da súa compra por yahoo da Suite de Colaboración Zimbra (Zimbra Collaboration Suite ou ZCS) sae unha nova versión 4.5.7
Zimbra é un programa colaborativo ou [[Groupware]]. Posúe tanto o compoñente de servidor como o seu respectivo cliente. Ten dúas versións dispoñibles: unha versión soportada pola comunidade de Software Libre (Open Source), e unha versión soportada comercialmente (Zimbra Network) que contén algunhas melloras propietarias.
O Cliente Web ZCS é unha interface de colaboración e administración completa creada empregando o Toolkit Zimbra Ajax. Soporta correos electrónicos e calendarios a través da interface web Ajax, obxectos arrastrables, e menús que se expanden ao facer clic dereito. Tamén inclúe capacidades de procura avanzada e permite relacionar datas. O calendario compartido en grupo tamén esta incluído.
ZCS é compatible con clientes propietarios tales como Microsoft Outlook, Novell Evolution e Apple Mail. Tamén prové soporte de sincronización nativo de dúas vías para moitos dispositivos móbiles (Nokia E-Series, BlackBerry, Windows Mobile, etc).
