Fluendo, empresa ubicada en Barcelona, vén de lanzar a versión 0.3.3 do Media Center Elisa. Trátase dunha solución libre multiplataforma deseñada con especial atención á xente non habituada ao manexo do computador.
Algunha das súas características son:
- Mostra das imaxes con previsualización ou presentacións de diapositivas.
- Visualización de videos tanto online como locais.
- Xestión de coleccións de música ordenadas por artista ou polas portadas dos álbums.
- Atopa automaticamente ficheiros multimedia na rede ou en dispositivos remotos, en iTunes, Windows Mediaplayer, Rhythmbox, etc.
- Recoñece automaticamente IPods, cámaras, dispositivos USB, etc
Nesta versión o equipo de desenvolvemento traballou arreo para remodelar completamente a interface tratando de mellorar a usabilidade mantendo ao tempo un aspecto simple e coa sofisticación das grandes aplicacións.
Ao largo de 3 meses o equipo reparou máis de 60 erros e incorporou funcionalidades como:
- Reprodución dende sitios DAAP como iTunes, Rhythmbox, etc
- Complemento para reprodución dende YouTube
- Arranque máis rápido e xestión de memoria máis eficiente
- Mellor detección dos ficheiros multimedia grazas a GStreamer …
Fonte: Web de Elisa
