FireFTP é un cliente FTP que se integra no navegador e que prové ao navegador dunha interface intuitiva para o acceso a servidores FTP.
A extensión foi traducida ao galego polo usuario de mancomun.org chamado dmunhiz.
O usuario dmunhiz tamén nos comenta que xa está en contacto co desenvolvedor do complemento FireFTP e espera que nas seguintes versións o FireFTP xa veña «de fábrica» en galego.
A extensión atópase na sección de Descargas->Software Libre->Produtos Mozilla.
