A través da web de AGNIX chéganos o anuncio da dispoñibilidade das novas licenzas Creative Commons 3.0 que se diferencian respecto das anteriores nalgúns aspectos importantes:
- Separación da licenza xenérica da licenza norteamericana, creando unha nova que será coñecida como unported.
- Harmonización do trato dos dereitos morais e recompilación dos royalties da sociedade
- Sen linguaxe de endoso, pasando dunha situación de requirimento implícito a outro explícito. Máis información aquí.
- BY-SA con estrutura de compatibilidade agora incluída. Máis información aquí.
- Aclaracións negociadas con Debian e MIT.
Fonte orixinal: Weblog de Creative Commons
