Esta semana publicáronse novas ofertas de emprego de Software Libre nas listas de mancomun.org:
- Abertal Networks busca cubrir dous postos de traballo en Carballo coas seguintes características:
- Programador/a en PHP sobre BBDD MySQL
- Experiencia demostrable
- Gañas de traballar en equipo
- Coñecementos en programación e maquetación para web
- Capacidade de desenrolo autónoma
- Quobis Networks ofrece un posto de traballo para enxeñeiro/a de telecomunicacións ou informática para a xestión, operación, mantemento e desenrolo de plataformas de telefonía VoIP de código aberto (Asterisk, OpenSer, gnuGK…), para a súa incorporación inmediata ao departamento técnico na oficina de Porriño (Pontevedra).
Máis información sobre as ofertas de emprego premendo en «Ler máis» ou na lista de ofertas de emprego de Software Libre de mancomun.org…
- Máis características da oferta de emprego de Abertal Networks:
- Boas condicións económicas
- Estabilidade laboral
- Bo ambiente de traballo
- Non é precisa titulación aínda que se valorará; pero si coñecementos demostrables.
- Máis características da oferta de emprego de Quobis Networks:
- Requírense a lo menos 4 anos de experiencia na xestión de servidores
UNIX/Linux, coñecementos básicos de programación en C/C++ e fluidez no
idioma inglés. - Máis información no seguinte enderezo:
http://pontevedra.oferta.infojobs.net
