Mancomún

Amigus Kids Labs, campamento de ciencia e tecnoloxía

lunes, 12 julio 2021
Amigus Kids Labs, campamento de ciencia e tecnoloxía

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con CIENCIA KIDS® e a Deputación da Coruña, un campamento de ciencia e tecnoloxía, do 2 ao 6 de Agosto no Lar de Endesa de As Pontes, en horario de 9:00 a 14:00.

Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 €.

STEM Lab CIENCIA KIDS® é un Proxecto deseñado e executado por Mª Teresa Seijas Ferreiro, titulada en Enxeñería Química, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e que na actualidade exerce a súa profesión como Profesional de Ensino Superior e Divulgadora Científica, para espertar o entusiasmo pola Ciencia, a Enxeñería e a Tecnoloxía.

Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a unha base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.

A robótica, do mesmo xeito que outras tecnoloxías, é unha gran ferramenta educativa que, usada adecuadamente, potencia capacidades dos alumnos como a matemática e a tecnolóxica, a capacidade de aprender a aprender, a capacidade no tratamento da información dixital ou iniciativa persoal.

Probablemente oísemos falar das impresoras 3D no campo industrial ou no ámbito da sanidade, pero grazas ás posibilidades que ofrece esta nova tecnoloxía, introducila no sistema educativo é un acerto.

Axenda

09:00 – 09:15 RECEPCIÓN
09:15 – 10:30 ROBÓTICA E-WASTE |ECHIDNA SHIELD | TI INNOVATOR ROVER
10:30 – 11:00 IMPRESIÓN 3D APLICADA Á ENXEÑARÍA E MEDICINA VETERINARIA
11:00 – 11:40 MERENDA / XOGOS
11:40 – 13:00 EXPERIMENTOS QUÍMICA, FÍSICA E BIOLOXÍA
13:00 – 13:45 A CIENCIA NA COCIÑA
13:45 – 14:00 ASAMBLEA DE AVALIACIÓN / SAÍDA

Inscrición na lista de espera

O campamento está completo, en caso de quedar algunha praza libre avisarán por orde de rexistro na lista de espera.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal