O 27 de outubro ás 10.00 horas terá lugar a presentación organizada por AGASOL sobre a “Xestión IT de código aberto con GLPI. Casos de éxito” no centro GaiásTech. Tamén se poderá seguir por streaming.

Impartido Óscar Beiro da empresa TICgal (empresa especializada en implantación, soporte e desenvolvemento para GLPI, ferramenta ITSM de software libre), o obxectivo da sesión será amosar as posibilidades de ter unha ferramenta unificada de xestión de software libre como GLPI e poder ver casos de éxito nos que dúas empresas contarán a súa experiencia. Actividade dirixida a responsables IT, Técnicos e Xerentes de empresas con máis de 50 traballadores.
GLPI
Un dos grandes retos das empresas hoxe en día é optimizar as xestións, tanto internas coma externas, utilizando ferramentas que faciliten a coordinación, minimizando o volume de comunicacións, especialmente por correo electrónico, e ofrecéndolles aos responsables parámetros medibles.

GLPI é unha ferramenta de software libre para a xestión de departamentos TI, que cumpre con estes obxectivos.
As funcionalidades máis destacables de GLPi pódense resumir en:
– O inventario de tódolos recursos informáticos, tanto de hardware (PCs, servidores, máquinas virtuais, equipamento de rede, impresoras…), coma do software asociado a eses activos, incluída a xestión de licenzas.
– A administración e historiais das diferentes actividades de mantemento e procedementos relacionados, levados a cabo sobre eses recursos informáticos, incidencias, solicitudes, cambios, problemas, ademais de contratos relacionados e información financeira.
– Xestión multi-entidade, multi-empresa, multi-departamento
– Xestión en varios idiomas, incluído o galego.
– Soporte multiusuario
Programa
– Que é TICgal
– Que é GLPI
– Que fai GLPI
– Xestión de peticións con GLPI
– Caso de éxito 1. Deputació de Lleida
– Xestión de inventario informático con GLPI
– Caso de éxito 2. Culmia
– Novas integracións
– Quenda de preguntas
Inscrición
Podedes facer a inscrición nesta web.
