Mancomún

Charla sobre «Fabricación de barcos solares tripulados para competición» na Industriosa

lunes, 28 marzo 2022
Charla sobre «Fabricación de barcos solares tripulados para competición» na Industriosa

O 30 de marzo, en horario de 19.30 a 21.00 horas, os integrantes do equipo CES UVigo darán unha charla en formato online. Clean Energy Ship UVigo é un grupo de alumnos da Universidade de Vigo cuxo obxectivo é deseñar e fabricar barcos propulsados por luz solar para participar en competicións internacionais, ademais de fomentar o mundo da náutica e as enerxías renovables na comunidade universitaria.

Éste ano o equipo participará por primeira vez na Mónaco Energy Boat Challenge, competición na que participan máis de 22 universidades, representando 17 nacionalidades.

Este evento está patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica).

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal