A Aula CeMIT do Concello de Ames propón, entre marzo e abril, un ciclo de ofimática a distancia.
Ciclo de ofimática con LibreOffice
Dende o 7 de marzo ata o 6 de maio, todos os luns, mércores e venres, de 17:00 a 19:00 horas, a Aula CeMIT desenvolverá cinco cursos a distancia relacionadas co uso da suite ofimática LibreOffice, co fin de que o alumnado poida usar con facilidade procesadores de texto, follas de cálculo ou creadores de presentacións.

Comezarase coa alternativa a Word, LibreOffice Writer, do que haberá un curso introdutorio do 7 a o 18 de marzo, e outra proposta de nivel medio, do 21 de marzo ao 1 de abril. A formación continuará co Calc, alternativa a Excel, cunha introdución do 4 ao 13 de abril e unha segunda parte máis avanzada do 20 ao 29 de abril. Por último, do 2 ao 6 de maio avanzarase co programa Impress, alternativa a PowerPoint, no que se ensinará a parte técnica para crear diapositivas e presentacións atractivas.
Para anotarse nos cursos, cómpre reservar praza chamando ao 682 373 753, ou ben enviar un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.
