Proximamente terá lugar en varias Aulas da Rede CeMIT un curso titulado «Retoque fotográfico con GIMP». Trátase dun mesmo curso que se impartirá para tres aulas:
- Aula CeMIT Betanzos (ver o evento).
- Aula CeMIT Cuntis (ver o evento).
- Aula CeMIT Boiro (ver o evento).

O curso será impartido por videoconferencia dende as aulas CeMIT de Betanzos, Boiro e Cuntis en horario de 10:00 a 12:00 e dende o día 2 ao 9 de febreiro de 2021 e está enmarcado dentro das actividades de ComparTIC’21.

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Windows e macOS X), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.
A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMPconta con ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.
Para máis información sobre os cursos ou as Aulas da Rede CeMIT, pódese visitar a páxina de cada unha das aulas ou da propia Rede CeMIT.
