A aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a sua oferta de cursos online con varios cursos de ofimática durante o mes de marzo. Empezan co curso sobre Writer que se desenvolverá entre o 8 e o 11 de marzo, continuando cun curso sobre Calc que terá lugar do 15 ao 18 de marzo.
Writer

Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.
Calc

Calc é unha folla de cálculo potente e versátil. A quen a usa por primeira vez resúltalles intuitiva e fácil de aprender. Conta cunha ampla gama de funcións avanzadas.
Pódese descargar libremente desde o repositorio de LibreOffice.

Calc pode gardar as follas de cálculo no seu propio formato nativo, OpenDocument (.ods), ou tamén pode abrir e gardar follas de cálculo de Microsoft Excel. Tamén permite exportar ao formato de Documento Portable (.pdf), que se pode ler nunha ampla gama de dispositivos e plataformas.
Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.
O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.
LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.
Inscrición
As inscricións e toda a información poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.
