Mancomún

Directrices da EUPL (European Union Public Licence)

jueves, 27 enero 2022
Directrices da EUPL (European Union Public Licence)

A Oficina de Publicacións da Unión Europea, publicou nos últimos meses de ano, a edición 2021 das directrices da EUPL (European Union Public Licence).

En comparación coa versión anterior, o novo folleto está completamente reescrito (máis curto) e proporciona coñecementos básicos sobre o que é a licenza de software libre, os distintos modelos de licenza e a especificidade da EUPL.

A EUPL é unha licenza de software libre creada pola Comisión Europea. Está dispoñible en 23 idiomas e pode ser utilizada por todos os licenciadores de software públicos e privados. A EUPL permite ás administracións públicas, as empresas e os particulares adoptar o modelo de código aberto para maximizar o seu potencial de desenvolvemento de software. A última versión da licenza, a EUPL v.1.2, publicouse en 2017. Ofrece unha maior compatibilidade con outras licenzas de software libre en comparación coa versión anterior, a EUPL v.1.1.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal