Ffmpeg, conxunto de librerías e software que permite realizar tarefas con arquivos multimedia, ademais de ser o motor de moitas aplicacións de reproducción e edición, publicou a versión 5.0.
Novidades de FFmpeg 5.0
Xa está dispoñible a nova versión principAal de FFmpeg 5.0 » Lorentz». Para esta versión realizouse un gran esforzo para eliminar as antigas APIs de codificación/decodificación e substituílas por unha API baseada en N:M, eliminouse toda a librería libavresample, libswscale ten unha nova API baseada en AVframe máis fácil de usar.
Mellorouse moito o código de Vulkan, engadíronse moitos filtros novos, incluíndo a integración de libplacebo e, por último, engadiuse soporte para DoVi, incluíndo tonemapping e remuxing. Tamén se cambiou a configuración por defecto do codificador AAC para mellorar a calidade.

Outros cambios destacados:
– Novos codificadores e decodificadores como ADPCM IMA Westwook, ADPCM IMA Acorn Replay, Apple Graphics, MSN Siren, entre outros.
– Incluíronse novos muxers e demuxers, entre os que se inclúen AV/AV1 Low, Argonaut, Games CVG, Westwood AUD e IMF, este último en experimental.
– Soporte para o protocolo Concatf.
– Soporte para dividir fíos swscale.
– Aceleración por hardware VideoToolbox VP9 e ProRes.
– Soporte para loongarch.
– Empaquetador RTP para descomprimir vídeo.
– Novos filtros e ferramentas de son.
– Novos filtros e ferramentas de vídeo.
