Mancomún

GIMP, iniciación ao retoque fotográfico en Ponteareas

miércoles, 17 marzo 2021
GIMP, iniciación ao retoque fotográfico en Ponteareas

Entre o 23 e o 26 de marzo, en horario de 18.00 a 20.00, terá lugar o curso de “GIMP: iniciación ao retoque fotográfico.” na aula CeMIT de Ponteareas.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención da aula todos os días de 9 a 11 horas, e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.

GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Inscrición

A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/centro/59

Para obter máis información, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou do correo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal