Mancomún

Igalia contribúe á tecnoloxía da Steam Deck

martes, 29 marzo 2022
Igalia contribúe á tecnoloxía da Steam Deck

A Steam Deck, da empresa Valve, utiliza unha pila gráfica de software libre baseada en GNU/Linux que inclúe contribucións de Igalia.

Steam Deck é un PC para xogos con forma de consola portátil. Utiliza SteamOS como sistema operativo, baseado na distribución libre Arch Linux. A súa pila gráfica, baseada en proxectos como Mesa, DXVK e VKD3D-Proton, é de código aberto.

O traballo de Igalia no Vulkan Conformance Test Suite (CTS) mellora a calidade de todas as implementacións certificadas de Vulkan, incluíndo varias de software libre como RADV (utilizado pola Steam Deck), Turnip e V3 DV. Ademais doutros traballo nos sistemas de integración continua existentes e futuros para Mesa, que permiten aos desenvolvedores de controladores gráficos detectar e solucionar facilmente as regresións mentres traballan nestes controladores.

Mesa é un exemplo perfecto do excelente estado de forma do ecosistema de xogos de GNU/Linux, con sólidos cimentos de software libre que melloraron drasticamente nos últimos anos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal