Mancomún

JingOS, sistema operativo para dispositivos móbiles baseado en GNU-Linux

viernes, 16 abril 2021
JingOS, sistema operativo para dispositivos móbiles baseado en GNU-Linux

Foi publicada a versión 0.8 de JingOS, sistema operativo libre para tabletas e dispositivos móbiles, baseado en GNU/Linux.

Características destacadas: pode executar aplicacións GNU/Linux e Android, está adaptado para poder funcionar con xestos táctiles, lapis, teclado e trackpad. Entorna gráfica similar á de iPadOS. Conta con aplicacións nativas de JingOS: Calendario, Temporizador, Arquivos, Reprodutor de Medios e Calculadora.

O shell é unha adaptación de Plasma Mobile. Conta cun Centro de Notificacións, unha Bandexa do Sistema e un Administrador de Tarefas personalizados.

A versión 1.0 de JingOS sairá en xuño, e xunto con ela, deberiamos ter tamén o primeiro dispositivo da empresa, o JingPad.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal